FALTA DE PLANIFICACIÓN NAS OBRAS QUE EXECUTA O CONCELLO

Traballar en festivo

jpg-2
Monte do Bolo [Fonte: lavozdegalicia.es]
Traballar en festivo

Dende o BNG criticamos que durante un día festivo de carácter estatal como foi o pasado día 1 de novembro, houbese persoal obrigado a traballar nas obras que se están a realizar no Monte do Bolo, entendendo que neste caso non existían causas excepcionais nin de tipo técnico nin organizativo nin as obras están vinculadas a un servizo público esencial para a veciñanza, co cal entendemos que non existe unha xustificación razoada para dita situación, anque exista unha compensación para os propios traballadores. E sendo este o caso de traballadores que non manteñen unha relación laboral directa co Concello, dende o mesmo debe realizarse unha mellor planificación no referente á execución das distintas obras e traballos para evitar na medida do posible que se dean este tipo de situacións abusivas e lesivas para cos dereitos dos traballadores, que non fan máis que afondar a precariedade laboral existente, como arroxan de xeito incontestable os datos sobre emprego.

Dende as Administracións Públicas existe unha maior responsabilidade neste sentido, estas deben ser o garante último de que os dereitos dos traballadores, tanto o persoal funcionario, laboral e subcontratado sexan respectados, sen ningún tipo de descriminación.

Traballar en festivo