É NECESARIA UNHA ACTUACIÓN DE URXENCIA

Abastecemento de auga en Pontenafonso

20170529_192614
Repartidores de auga
Abastecemento de auga en Pontenafonso

O BNG de Noia levará ao pleno que terá lugar hoxe unha moción de urxencia para buscar o compromiso do actual goberno local para solventar o problema de abastecemento de auga en Pontenafonso durante o presente mandato, arredor do cal veciños do lugar nos amosaron a súa preocupación nunha xuntanza mantida con eles en cumprimento do noso compromiso de fiscalizar a acción do goberno municipal nas distintas parroquias.

Esta cuestión merece unha atención prioritaria máxime tendo en conta a escaseza de choivas, que nos mantén en situación de prealerta por sequía desde o mes de xaneiro.

No día de onte, a nosa voceira municipal, Irati García, achegouse á zona onde se atopan os repartidores de auga para comprobar in situ a proximidade dos mananciais que emanan de xeito natural e cuxa auga discorre actualmente monte abaixo sen ser aproveitada.

Podes descargar o contido íntegro da moción aquí.

Abastecemento de auga en Pontenafonso