A respecto de La Feria

ESPAÑA-CAÑI-II
A respecto de La Feria

Desde o BNG de Noia amosamos o noso rexeitamento á organización, por parte do Concello de Noia, da denominada "La Feria", antes coñecida como a "Feira de Abril". Sendo respectuosos con todos os pobos e culturas do mundo, no BNG cremos que a promoción e potenciación da cultura castellano-andaluza no noso país por parte do PP é un acto premeditado, cun claro obxectivo político, un máis de asimilación e submetemento a unhas tradicións, tanto musicais, gastronómicas e mesmo lúdicas que non nos son propias. 

Pensamos que os poderes públicos, incluído o Concello de Noia, deberían pular pola defensa, promoción e normalización da nosa cultura nacional, que mesmo a día de hoxe pasa por serias dificultades e con tradicións que teñen risco de desaparecer; no canto de investir diñeiro público en enseñar baile flamenco ou animar a que a xente se vista con "lunares", "mantillas" e "fajines" andaluces.

A respecto de La Feria