AUGAS ARRIBA DA CAPTACIÓN DE AUGA POTABLE DE NOIA

Denunciamos un novo vertido ao río San Xusto

IMG-20170508-WA0008
Estado do río na tarde do pasado venres
Denunciamos un novo vertido ao río San Xusto

No día de onte, luns, tras ter coñecemento dun novo vertido no río San Xusto producido o pasado venres día 5 a través dun veciño, cuxa orixe se sospeita puidera estar na formigoneira, membros do BNG de Noia e Lousame, acudimos ás dependencias da Garda Civil para interpoñer a correspondente reclamación medioambiental ante o que entendemos un novo atentado ecolóxico ás augas fluviais que recalan na nosa ría. Segundo fontes veciñais, estes vertidos véñense repetindo no tempo, cuestión que nos preocupa fondamente, co cal esiximos que tanto SEPRONA como o Concello de Noia tomen as medidas precisas para evitar que estes vertidos se sigan producindo, así como que se interpoñan as sanción correspondentes. 

O BNG de Noia levará esta cuestión ao vindeiro pleno, así como lle dará traslado a Augas de Galiza, aínda recoñecendo a parálise do actual goberno local presidido por Santiago Freire ante este tipo de cuestións que afectan de xeito directo á calidade das nosas augas.
 

Denunciamos un novo vertido ao río San Xusto