Eliminación de vestixios franquistas

memoria-historica_0
Eliminación de vestixios franquistas

A moción que levamos ao pleno ordinario de outubro trata sobre o cumprimento da Lei de Memoria Histórica e a eliminación dos últimos vestixios materiais do franquismo no noso concello. O seu contido literal é o seguinte:

A iniciativa do BNG de Noia, durante os mandatos pasados téñense levado a cabo distintas actuacións para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica :

  • Retirada das placas dos grupos de vivendas sociais de Barro e Sofreixos.
  • Eliminación do nome do último tramo da rúa José Suárez Oviedo
  • Adicación da rúa correspondente ao coñecido como “Cantino”
  • Homenaxe aos membros da última corporación noiesa da República

Sen embargo, o traballo no tocante á memoria histórica non está rematado, xa que figuran vestixios da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Dictadura. Estes vestixios atópanse nas fontes da Praia da Barquiña e na de Pontenafonso. A este respecto, cabe lembrar, que as Administracións públicas, no exercizo das súas competencias, teñen que tomar as medidas oportunas para a retirada destes vestixios.

Mais a este respecto, non podemos ignorar o mal estado da fonte da Praia da Barquiña, cuxo arranxo vén sendo unha demanda reiterada por parte da veciñanza da zona.

Por todo o exposto, o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego propón ao pleno a toma dos seguintes

ACORDOS:

  • Durante o presente mandato procederase á rehabilitación da fonte situada na Praia da Barquiña;
  • Daránse os pasos precisos para a a eliminación efectiva dos vestixios da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Dictadura que se manteñen nas fontes da Praia da Barquiña e de Pontenafonso.
Eliminación de vestixios franquistas