O BNG DE NOIA E DE OUTES RECLAMAN A REGULACIÓN DO TRÁFICO NA PONTE NAFONSO.
Pola regulación do tráfico na Ponte Nafonso
A estrada AC-196 Noia (AC550) – Ponte Nafonso, pertencente á rede de estradas de titularidade autonómica galega, atravesa unha das xoias do patrimonio da nosa Comarca, a Ponte Nafonso, que une os concellos de Noia e Outes. Dita ponte, incluida no Catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio e que conta cun grao de protección integral (Nivel 1), é obxecto de importantes eivas en canto a seguridade tanto para os vehículos que circulan polos seus apenas 5 metros de ancho, así como para os peóns. Dada a patente existencia destas eivas, denunciadas pola veciñanza da zona e das cales facemos eco, así como o feito de atoparnos ante unha ponte de indubidable valor, o BNG de Noia levará ao vindeiro pleno ordinario (27 de xuño) unha moción instando a que o Concello de Noia lle dea traslado á Consellería de Infraestruturas e Vivenda a necesidade de establecer os elementos precisos para a redución do tráfico e da velocidade na estrada AC-196 ao seu paso pola Ponte Nafonso. Pola súa banda, o BNG de Outes xa ten presentado unha solicitude no mesmo sentido no seu Concello.