O BNG de Noia solicita do novo goberno local a toma en consideración da proposta de establecemento de convenios de colaboración con museos emblemáticos do estado de Europa a fin de que se poidan expoñer de xeito temporal as laudas gremiais.

BM7C2F1_192636
Laudas gremias no cemiterio de Sta María A Nova

O BNG de Noia segue a considerar prioritario a posta en valor das laudas gremiais e polo tanto pide a quen forme parte do novo grupo de goberno que traballe para o cumprimento do último anuncio por parte do Concello de Noia ao respecto.

O BNG de Noia solicita do novo goberno local a toma en consideración da proposta de establecemento de convenios de colaboración con museos emblemáticos do estado de Europa a fin de que se poidan expoñer de xeito temporal as laudas gremiais.

O programa do BNG de Noia nas anteriores eleccións municipais defendía a necesidade de ampliar “o complexo museístico de Santa María A Nova, incorporando o inmoble da actual Casa da Cultura ‘Antón Avilés de Taramancos’ e habilitando os seus baixos para tal fin”. Pola súa parte, durante a campaña e tras os comicios, o grupo do goberno anunciaba a través de redes sociais e na prensa escrita ’ que “El Concello sigue con las gestiones para aclarar la titularidad de la casa de cultura con el objetivo de ampliar el museo”.

O BNG de Noia congratúlase de que outras forzas do municipio, sexas cales foran as mesmas, adopten posturas semellantes ás nosas, tendo en conta neste caso o feito de ser un proxecto que o noso grupo leva varios mandatos defendendo.

Mais o BNG é consciente tamén das dificultades que xera a incorporación, por unha vía ou outra, do baixo da Casa de Cultura e cremos polo tanto necesario poñerse dende agora a traballar nunha solución alternativa para a exposición das laudas gremiais nun museo que poña ao mesmo tempo de manifesto a grande historia de Noia e gran importancia que neste concello tiveron os gremios durante a época medieval.

Concordamos tamén coa proposta de “exhibir una selección de estas lápidas medievales en distintas calles y edificios del casco histórico noiés”. Parécenos unha boa idea para o aproveitamento das laudas máis alá dun museo, especialmente durante o período no que o novo complexo para a súa exposición aínda non este en funcionamento.

Do mesmo xeito, pedimos a resto de grupos municipais e ao novo grupo de goberno que entre, que consideren a aposta do BNG no seu programa de establecer “convenios de colaboración con museos emblemáticos tanto do estado español coma do resto de Europa a fin de establecer mecanismos de préstamo dalgunhas das nosas laudas gremiais que aínda a día de hoxe se atopan sen restaurar para que actúen como reclamo turístico da nosa vila”. 

Consideramos estas tres medidas complementarias e a posibilidade dun novo comezo no valor outorgado polo noso concello a un recurso patrimonial que nos diferencia e que podería impulsar o turismo en Noia, tendo en conta tamén o preto que se atopa o ano 2021 e polo tanto o ano Xacobeo, de cara o cal precisamos facer de Noia unha poboación que atraía a moitas persoas de xeito complementario á visita a Santiago como Porto de Compostela que somos.

O BNG de Noia solicita do novo goberno local a toma en consideración da proposta de establecemento de convenios de colaboración con museos emblemáticos do estado de Europa a fin de que se poidan expoñer de xeito temporal as laudas gremiais.