O MURAL, 19 ANOS DESPOIS DA CATÁSTROFE, ATÓPASE DEGRADADO E TAPADO POLA VEXETACIÓN.

O BNG de Noia traballará pola recuperación do mural de Nunca Máis na beira da ría

Estado actual do mural de Nunca Máis en Noia.
Estado actual do mural de Nunca Máis en Noia.

O BNG anuncia que traballará durante o vindeiro ano pola recuperación do mural de Nunca Máis que se atopa na beira da ría en Noia. 

O BNG de Noia traballará pola recuperación do mural de Nunca Máis na beira da ría

Este sábado 13 de novembro cumpríronse 19 anos da desgraza do afundimento do Prestige. A intención do BNG é que o vindeiro ano, cando se cumprirán dúas décadas da catástrofe, a situación do simbólico mural que se atopa na beira da ría non se atope na actual situación.

O mural está hoxe degradado e tapado pola vexetación e por iso os nacionalistas anuncian que traballarán durante o próximo ano para que a situación do mesmo cambie. Deste xeito, a formación fará o necesario para recuperar e posteriormente conservar da emblemática pintura.

Dende o bloque noiés sinalan lembran que desta desgraza emerxeu un movemento de dignidade sen precedentes como foi Nunca Máis e que polo tanto é necesario render homenaxe a un episodio histórico para o país e non permitir o esquecemento do acontecido.

Por iso, o BNG tomará a iniciativa para a recuperación do mural e o seu posterior coidado para que sirva de símbolo e lembranza no futuro duns feitos que nunca deben volver a acontecer.

O BNG de Noia traballará pola recuperación do mural de Nunca Máis na beira da ría