OS ANUNCIOS DA ALCALDÍA VOLVEN QUEDAR EN PAPEL MOLLADO

O PP rexeita a iniciativa do BNG para mellorar a EDAR de Noia

EDAR de Noia
EDAR de Noia
Votaremos en contra de calquera proposta de orzamentos que non inclúa os investimentos necesarios para a mellora da EDAR tal e como se contemplan no Plan Director
O PP rexeita a iniciativa do BNG para mellorar a EDAR de Noia

O Partido Popular votou en contra no Parlamento galego de desenvolver nesta anualidade a actualización e mellora da EDAR de Noia. O grupo popular do Parlamento vén de dar as costas á Corporación municipal, que aprobou esta solicitude por unanimidade en xaneiro, mais sobre todo, o Partido Popular vén de dar as costas á cidadanía noiesa. Unha vez máis vemos como os anuncios da Alcaldía nos xornais se converten en papel mollado.

Desde o BNG anunciamos un firme NON a calquera proposta de orzamentos municipais que non inclúa os investimentos necesarios para a mellora da estación de depuración de augas residuais que se contemplan no Plan Director.

O PP rexeita a iniciativa do BNG para mellorar a EDAR de Noia