RICARDO SUÁREZ GARCÍA PRESENTARASE ESTE VENRES DÍA 5 ANTE A CIDADANÍA DE NOIA

Presentación do candidato á Alcaldía de Noia

Este venres día 5, a partir das 21:00 horas no recinto da Praza de Abastos, vaise a desenvolver o acto de presentación de Ricardo Suárez García coma candidato do BNG á Alcaldía de Noia. No mesmo estará acompañado de Irati García Tomé, actual portavoz municipal da formación nacionalista no Concello de Noia. Tamén estará presente Mini Rivas Cruz, deputado no Parlamento Galego e Néstor Rego Candamil, candidato ao Congreso por A Coruña.

Richi Suárez avanzará, na súa presentación, os eixos básicos no programa de goberno que explicará durante toda a precampaña e campaña electoral.

Presentación do candidato á Alcaldía de Noia
Presentación do candidato á Alcaldía de Noia