Á REUNIÓN TAMÉN ASISTIRON O PORTAVOZ MUNICIPAL E A RESPONSABLE COMARCAL DA FORMACIÓN

Deputadas do BNG reúnense coa Asociación Noia Histórica

Un momento da reunión
Un momento da reunión
As deputadas do BNG Carme González e Rosana Pérez achegáronse esta semana a Noia para manter unha reunión co presidente de Noia Histórica, José Manuel Martínez Godoy, e a xerente da Asociación, Belén Arroniz.
Deputadas do BNG reúnense coa Asociación Noia Histórica

González, responsable da área de comercio do BNG no Parlamento galego, lembrou a diminución do 50% do orzamento da Dirección xeral de comercio da Xunta, que pasou de 35M€ en 2009 a 18M€ en 2022, e sinalou que supón “unha proba da pouca importancia que o Executivo galego lle da ao desenvolvemento do pequeno comercio”.

Noia Histórica e BNG coincidiron nos prexuizos para o sector pola demora á hora de publicar a orde e resolver as axudas aos Centros Comerciais Abertos (CCA) e Prazas de Abastos por parte da administración da Xunta, así como na importancia de que estas axudas saían a comezos de ano para que as asociacións podan planificar a súa actividade.

Outra das cuestións que destacou González foi a aposta do Bloque por loitar contra a liberalización das rebaixas, que tanto dano fai á competitividade dos comercios de proximidade, e adiantou que levarán iniciativas ao Parlamento e Congreso para que a administración galega poda ter competencias para regular esta materia.

No plano local, Godoy lembrou a importancia que supón a apertura da plataforma ‘Vai de Tendas’ ao conxunto do comercios do municipio, estean ou non asociados a Noia Histórica, anunciou que os vindeiros 15 e 16 de febreiro terán lugar as xornadas de formación en marketing dixital co gallo de instruír aos establecementos que se adhiran á plataforma, e informou de que ata esa data será posible anotarse. Neste senso, Godoy quixo agradecer “o importante apoio e traballo que o BNG fixo para que se puidera dar este paso”.

O portavoz municipal do BNG, Ricardo Suárez, tamén destacou a importancia desta oportunidade para o sector comercial noiés de “avanzar na imprescindible campo da dixitalización”. Suárez afirmou que “o apoio por parte da administración local á iniciativa está sendo moi deficiente o Concello debe difundir e acompañar estes avances en dixitalización.

Deputadas do BNG reúnense coa Asociación Noia Histórica