A PROPOSTA DO BNG FOI APOIADA POR TODOS OS GRUPOS EN COMISIÓN

Noia institucionalizará a celebración do Día de Rosalía

AELG e BNG animan ao agasallo de libros e flores polo día de Rosalía
AELG e BNG animan ao agasallo de libros e flores polo día de Rosalía
O BNG de Noia vén de recoller a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para institucionalizar nos concellos a celebración do día de Rosalía cada 23 de febreiro.
Noia institucionalizará a celebración do Día de Rosalía

A raíz da convite público da AELG de institucionalizar o día de Rosalía, os nacionalistas non dubidaron en levar este acordo ao pleno da Corporación noiesa, pois entenden que “Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas”. 

A publicación do seu libro Cantares Gallegos “significou o primeiro escrito integramente en lingua galega” e sinala o inicio da “restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento”, lembran desde o BNG.

A proposta para institucionalizar o día de Rosalía cada 23 de febreiro aposta pola celebración dun acto conmemorativo todos os anos con motivo desta data e pola divulgación social da autora e da súa obra, especialmente entre a mocidade.

Todo parece indicar que a iniciativa, apoiada por todos os grupos en comisión, será referendada na xornada do pleno que terá lugar este xoves. Ademais, tanto AELG como BNG animan a agasallar libros e flores no día de Rosalía.

Noia institucionalizará a celebración do Día de Rosalía