A REUNIÓN TAMÉN SERVIU PARA ABORDAR A INNOVACIÓN NO PÓSITO NOIÉS

Reunión coas confrarías de Noia e Portosín

Representantes do BNG e das confrarías de Noia e Portosín
Representantes do BNG e das confrarías de Noia e Portosín
A deputada do BNG Rosana Pérez mantivo unha reunión coas máximas autoridades das confrarías de Noia e Portosín, Santiago Cruz e Isaac Gaciño. Na xuntanza tamén estiveron presentes representantes do BNG comarcal, así como a bióloga e o secretario do pósito noiés, Liliana Solís e Adelo Freire.
Reunión coas confrarías de Noia e Portosín

A deputada do BNG Rosana Pérez mantivo unha reunión coas máximas autoridades das confrarías de Noia e Portosín, Santiago Cruz e Isaac Gaciño. Na xuntanza tamén estiveron presentes representantes do BNG comarcal, así como a bióloga e o secretario do pósito noiés, Liliana Solís e Adelo Freire.

Coincidiron en sinalar que “a situación de incerteza polo futuro da actividade e a ausencia de restauración ambiental nas minas de San Fins deixa moita preocupación no sector e na sociedade”.

Cruz sinalou que se atopan “agardando polo resultado das alegacións ao proxecto de desaugue e posterior explotación das minas” e que “non dubidaran en levar a cabo as accións que sexan necesarias para defender o futuro da ría”. Gaciño, amosou o seu “total apoio” e do conxunto do seu pósito á confraría de Noia.

Pérez reafirmou unha vez máis que os nacionalistas “estaremos ao carón do sector marisqueiro” e anunciou novas iniciativas no Parlamento para interpelar ao goberno “polas continuas incoherencias no seu mensaxe”.

A Confraría de Noia avanza na innovación

Os proxectos innovadores da confraría de Noia tamén ocuparon unha parte importante da reunión. Desde o pósito noiés informaron á representación do BNG dos importantes pasos adiante que se están a dar neste ano.

A reapertura do criadeiro do Freixo, os avances na colaboración coa universidade en campos como o da certificación xenética do bivalvo ou a próxima reapertura dun laboratorio de biotoxinas e microbioloxía dotado de equipos de análise xenético foron algúns dos proxectos sobre os que se ocuparon as conversas.

Despois da reunión tanto a deputada como o resto de representantes nacionalistas visitaron as novas instalacións do laboratorio noiés. Á saída, Rosana Pérez expresou que “todo parece indicar que Noia ten a posibilidade de se afianzar como referente da innovación do sector marisqueiro e sería unha magoa que a irresponsabilidade da Administración en materias como a mineira ou nas carencias dos sistemas de saneamento estraguen este gran proxecto de futuro”.

Reunión coas confrarías de Noia e Portosín