O ENTE ADMINISTRATIVO INFORMA NEGATIVAMENTE UN PROXECTO QUE, COMO ALERTABA O BNG, AFECTABA DIRECTAMENTE Á VECIÑANZA.

A ‘Subdirección Xeral de Enerxía’ referenda as alegacións interpostas polo BNG ao ‘Parque eólico Huracán’

Anxo Moledo e Ricardo Suárez visitaron os núcleos afectados polo Parque eólico Huracán.
Anxo Moledo e Ricardo Suárez visitaron os núcleos afectados polo Parque eólico Huracán.
O BNG informou á veciñanza e presentou alegacións con motivo da potencial afectación a núcleos rurais, patrimonio cultural e explotacións gandeiras en Noia e Lousame. En consonancia co que afirmaba o BNG, a 'Subdirección Xeral de Enerxía' emitiu un informe negativo do proxecto.
A ‘Subdirección Xeral de Enerxía’ referenda as alegacións interpostas polo BNG ao ‘Parque eólico Huracán’

O BNG informou á veciñanza dos núcleos potencialmente afectados en Noia e presentou alegacións ao ‘Parque eólico Huracán’, pois o muíño de vento número 1 do mesmo está proxectado a menos de 500 metros da delimitación do núcleo rural histórico de Vilardante contrapoñendo o ‘Plan eólico de Galicia’ que establece a obrigatoriedade de “respectar a distancia mínima de 500 metros ás delimitacións de chan de núcleo rural, urbano ou construíble”.

Así mesmo, tamén se facía constar que o límite da área de risco e incidencia do muíño de vento número 1 (AE1) entra en colisión coa área de cautela do elemento patrimonial denominado ‘Castelo Miúdo’, o cal está reflexado no catalogo de patrimonio da Xunta de Galicia.

Os nacionalistas tamén informaron á veciñanza dos núcleos e das explotacións agrícolas do municipio de Lousame potencialmente afectados polo proxecto, cuxa área poligonal afectaba a 700 hectáreas do municipio, un terzo do total da área de afectación do parque.

Outra das alegacións presentadas polo BNG facía referencia ao feito de que a totalidade da superficie afectada polo parque se atopaba fóra das ‘áreas de desenvolvemento eólico’ do ‘Plan Eólico de Galicia’. Precisamente esta, foi a argumentación central que referendou a ‘Subdirección Xeral de Enerxía’, quen informou negativamente o proxecto dispoñendo que “o mencionado Plan Sectorial é o instrumento no que se definen aquelas áreas da Comunidade Autónoma nas que é posible desenvolver proxectos de aproveitamento da enerxía eólica (Áreas de Desenvolvemento Eólico), e polo tanto, o emprazamento do parque eólico incumpre claramente as disposicións da lexislación mencionada.

Dende o BNG sinalan a súa ledicia polo informe da Subdirección e agardan que a resolución final do ministerio vaia polo mesmo camiño. Sinalan ademais dende a formación nacionalistas sentirse satisfeitos coa labor de información e de traballo nas alegacións realizada, pois este informe supón un grande paso adiante para evitar un proxecto moi desfavorable para os intereses veciñais.

A ‘Subdirección Xeral de Enerxía’ referenda as alegacións interpostas polo BNG ao ‘Parque eólico Huracán’