INTEGRANTES DA ASEMBLEA DO BNG DE NOIA MANTIVERON UNHA XUNTANZA COA VECIÑANZA DA PARROQUIA DE BOA.

Veciñanza de Boa e BNG coinciden en seguir reclamando un paso de peóns

Xuntanza Outubro 2021 BNG Boa
Xuntanza Outubro 2021 BNG Boa

A representante nacionalista Rosana Pérez, que tamén acudiu á reunión, explicou o traballo que a formación está levando a cabo no municipio e no parlamento para a consecución dun paso de peóns neste núcleo de poboación.

 

Veciñanza de Boa e BNG coinciden en seguir reclamando un paso de peóns

Integrantes da asemblea do BNG de Noia mantiveron unha xuntanza coa veciñanza da parroquia de Boa na que tamén participou a deputada no parlamento galego Rosana Pérez. A representante nacionalista explicou o traballo que a formación está levando a cabo no municipio e no parlamento para a consecución dun paso de peóns neste núcleo de poboación.

Logo dunha primeira reclamación do BNG polo paso de peóns no mes de outubro de 2020 a administración precisou tres meses para dar unha resposta pouco concisa na que se afirmaba que non se cumprían os requisitos para o seu establecemento sen precisar os incumprimentos concretos.

Diante desta situación, o BNG formulou unha nova iniciativa na que se propuña unha localización concreta e esixindo que se argumentaran os criterios que impediran ou non a colocación do paso. Segundo a Xunta, cunha resposta que desta vez demorou seis meses, a localización proposta polo BNG, diante do local hostaleiro Singapore, atópase nun núcleo rural sen unha iluminación suficiente e sen unhas beirarrúas axeitadas.

Tanto Pérez coma o portavoz municipal dos nacionalistas, Ricardo Suárez, coincidiron na necesidade de insistir cunha nova proposta á Xunta e afirmaron que levarán ao parlamento "a necesidade de que a Xunta acondicione o tramo da estrada AC550 para que si se poda instalar un paso de peóns, pois a propia Xunta é quen indica que a iluminación e as beirarrúas non son axeitadas nunha vía que é da súa titularidade".

O grupo municipal do BNG tamén aproveitou esta xuntanza para recoller outro tipo de reclamacións veciñais referentes á limpeza das estradas, melloras na accesibilidade, ao punto viario perigoso na saída do lugar de Redondelo e aos importantes problemas na recepción do sinal de internet e televisión.

Veciñanza de Boa e BNG coinciden en seguir reclamando un paso de peóns