O BNG de Noia solicita do novo goberno local a toma en consideración da proposta de establecemento de convenios de colaboración con museos emblemáticos do estado de Europa a fin de que se poidan expoñer de xeito temporal as laudas gremiais para que ac
O BNG de Noia segue a considerar prioritario a posta en valor das laudas gremiais e polo tanto pide a quen forme parte do novo grupo de goberno que traballe para o cumprimento do último anuncio por parte do Concello de Noia ao respecto.
Sobre o proxecto do goberno local para a Praza de Abastos de Noia
Desde o BNG consideramos que a actuación de case un millón de euros por parte do actual goberno local na Praza de Abastos é excesiva e destrutiva. O único que lograría é que este edificio emblemático para a nosa vila perdese toda a súa esencia e encanto.
Presentación do candidato á Alcaldía de Noia
Este venres día 5, a partir das 21:00 horas no recinto da Praza de Abastos, vaise a desenvolver o acto de presentación de Ricardo Suárez García coma candidato do BNG á Alcaldía de Noia. No mesmo estará acompañado de Irati García Tomé, actual portavoz municipal da formación nacionalista no Concello de Noia. Tamén estará presente Mini Rivas Cruz, deputado no Parlamento Galego e Néstor Rego Candamil, candidato ao Congreso por A Coruña.
Richi Suárez avanzará, na súa presentación, os eixos básicos no programa de goberno que explicará durante toda a precampaña e campaña electoral.
Ricardo Suárez García será o candidato do BNG á alcaldía de Noia
A Asemblea Local do BNG celebrada a última hora da tarde do venres día 15 aprobou a proposta, formulada polo Consello Local, da persoa que encabezará a candidatura electoral municipal para as eleccións que se celebrarán o día 26 do próximo mes de Maio.